The Power of the Dog (filme)
The Power of the Dog | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Power of the Dog |
Director | Jane Campion |
Produtor |
|
Guión | Jane Campion |
Baseado en | The Power of the Dog de Thomas Savage |
Intérpretes | |
Música | Jonny Greenwood |
Fotografía | Ari Wegner |
Montaxe | Peter Sciberras |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Venecia: 2 de setembro de 2021 |
Duración | 126 minutos[1] |
Orixe | Nova Zelandia Australia Estados Unidos Reino Unido Canadá[2] |
Xénero | Wéstern e drama |
Orzamento | 30–39 millóns de dólares[3] |
Recadación | 208 037 dólares[4][5] (estrea limitada) |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/81127997 | |
The Power of the Dog é un filme de 2021 escrito e dirixido por Jane Campion. Baséase na novela homónima de 1967 novela de Thomas Savage. Está protagonizado por Benedict Cumberbatch, Kirsten Dunst, Jesse Plemons e Kodi Smit-McPhee. Foi rodado case completamente en Otago, Nova Zelandia, e o filme é unha coprodución internacional entre Nova Zelandia, Australia, o Reino Unido, os Estados Unidos de América e o Canadá. The Power of the Dog abrangue temas como o amor, a dor, o resentimento, os celos e a sexualidade humana.
The Power of the Dog estreouse na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 2 de setembro de 2021, onde Campion gañou o León de Prata á mellor dirección. O filme tivo unha estrea limitada nos cinemas en novembro de 2021, e estreouse internacionalmente a través de Netflix o 1 de decembro de 2021. The Power of the Dog recibiu a aclamación universal por parte da crítica, que eloxiou a dirección de Campion, así como o guión, a fotografíaa, a banda sonora e as interpretacións dos catro actores principais. Foi amplamente considerado como un dos mellores filmes de 2021 por varias listas do top ten.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Benedict Cumberbatch como Phil Burbank
- Kirsten Dunst como Rose Gordon
- Jesse Plemons como George Burbank
- Kodi Smit-McPhee como Peter Gordon
- Thomasin McKenzie como Lola
- Genevieve Lemon como Mrs. Lewis
- Keith Carradine como Gobernador Edward
- Frances Conroy como Old Lady Burbank
- Peter Carroll como Old Gent Burbank
- Alison Bruce como muller do Gobernador Edward
- Alistair Sewell como Jock
- Cohen Halloway como Bobby
- Sean Keenan como Sven
- Adam Beach como Edward Nappo
- Maeson Stone Skuggedal como fillo de Edward Nappo
- Alice Englert como Buster
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Power of the Dog". Festival Internacional de Cinema de Venecia. 16 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ Romney, Jonathan (3 de setembro de 2021). "'The Power Of The Dog': Venice Review". Consultado o 24 de decembro de 2021.
- ↑ Keegan, Rebecca (10 de setembro de 2021). "Jane Campion on 'The Power of the Dog's Toxic Masculinity and Why She Won't Make a Marvel Movie". The Hollywood Reporter. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ "The Power of the Dog". Box Office Mojo.
- ↑ "The Power of the Dog (2021) - Financial Information". The Numbers.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Power of the Dog na IMDb (en inglés).
- Filmes de 2021
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes de Nova Zelandia
- Filmes de Australia
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes do Canadá
- Filmes sobre irmáns
- Filmes sobre vacas
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Filmes rodados en Nova Zelandia
- Filmes ambientados en Montana
- Filmes ambientados en 1925